RGPD - Cookies
Cultura

Vigo dirixe o mundo do arte

Os directores de Arte Contemporánea de España teñen novo presidente, e pisa terras viguesas. O director do Marco, Iñaki Martínez Antelo, foi elixido durante a celebración de ARCO en Madrid como novo presidente de ADACE por unanimidade, unha entidade independente que actúa en toda España e de carácter exclusivamente profesional, científico e social.

Os seus obxectivos son representar e defender as necesidades e criterios profesionais dos seus membros, velar polo cumprimento do Código de Boas Prácticas en museos e centros de arte, propugnar o recoñecemento da Museoloxía como actividade profesional especializada e destacar ante a sociedade a riqueza do patrimonio cultural conservado nas institucións museísticas e a necesidade de profesionais especificamente formados que garantan a súa axeitada conservación, documentación, investigación e difusión, entre outros.

También te puede interesar