Comarcas

Salceda queda sen Grumir tras 6 meses dunha gran labor

Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) de Salceda de Caselas deu por rematada a súa labor tras a expiración dos contratos dos seus membros despois de 6 meses e medio dun gran traballo. O equipo, subvencionado pola Xunta, estaba composto por 12 persoas, tres deles capataces, e caracterizábase pola «súa versatilidade á hora de realizar tarefas preventivas e a súa dispoñibilidade en momentos de emerxencia», como asegurou o concelleiro de Urbanismo, Vías e Obras e Servizos Municipais, Fortunato Álvarez.

Entre as súas actuacións destacan as asistencias a accidentes de vehículos (37) e a extinción de incendios (15). Ademais participaron na inundación de baixos, na retirada de árbores caídas en vías públicas, na recollida de animais abandonados, na axuda en accidentes laborais,  no control e axuda de eventos festivos, culturais e deportivos do Concello, Asociacións e Comisións de Festas ou no mantemento de instalacións municipais. Tamén foi importante a súa colaboración nas limpezas e desbroces para a prevención de incendios forestais e limpezas de cunetas, camiños, zonas deportivas e de esparcemento co obxeto de evitar inundacións.

Coa súa marcha a Xunta deixa sen este servizo de Grumir ao concello durante alomenos seis meses, polo que aseguran que vai ser difícil manter os servizos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.