Vigo al minuto

Caballero pide a Feijóo que libere de peaxe o tramo da Autopista dende Bos Aires ás entradas a Vigo

Alcalde de Vigo/Tresyuno ComunicaciónO alcalde ven de solicitar á Xunta que negocie coa concesionaria para eliminar a peaxe do tramo final da AP-9, desde a rúa Bos Aires ata as entradas á cidade por Alfonso XIII e Isaac Peral. Abel Caballero anunciou hoxe que remitiu unha carta ao presidente Feijóo, instándolle a que, “previa negociación coa concesionaria da autopista”, libere de peaxe este percorrido que xa é “unha vía urbana”. Esta medida “resolve o problema do transporte e do transporte pesado” en particular, apuntou.

Caballero fixo pública esta demanda ao tempo que o concelleiro de Transporte, Xulio Calviño, reuníase con colectivos do transporte de mercancías que operan no Porto de Vigo para informarlles da situación. Caballero argumenta que, igual que o anterior presidente da Xunta conseguiu a retirada da peaxe de Rande, o actual goberno autonómico pode atender a esta demanda “central” para o transporte pesado e para a mobilidade da cidade.

Require tempo, pero creo que chegou o momento de que o comecemos a plantexar como unha cuestión central no transporte de mercancías e no transporte particular na cidade de Vigo“, asegurou o alcalde.

También te puede interesar