Vigo al minuto

Caballero pide a Feijóo que libere de peaxe o tramo da Autopista dende Bos Aires ás entradas a Vigo

Alcalde de Vigo/Tresyuno ComunicaciónO alcalde ven de solicitar á Xunta que negocie coa concesionaria para eliminar a peaxe do tramo final da AP-9, desde a rúa Bos Aires ata as entradas á cidade por Alfonso XIII e Isaac Peral. Abel Caballero anunciou hoxe que remitiu unha carta ao presidente Feijóo, instándolle a que, «previa negociación coa concesionaria da autopista», libere de peaxe este percorrido que xa é «unha vía urbana». Esta medida «resolve o problema do transporte e do transporte pesado» en particular, apuntou.

Caballero fixo pública esta demanda ao tempo que o concelleiro de Transporte, Xulio Calviño, reuníase con colectivos do transporte de mercancías que operan no Porto de Vigo para informarlles da situación. Caballero argumenta que, igual que o anterior presidente da Xunta conseguiu a retirada da peaxe de Rande, o actual goberno autonómico pode atender a esta demanda «central» para o transporte pesado e para a mobilidade da cidade.

«Require tempo, pero creo que chegou o momento de que o comecemos a plantexar como unha cuestión central no transporte de mercancías e no transporte particular na cidade de Vigo«, asegurou o alcalde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.