RGPD - Cookies
Galicia

Beiras será elixido máximo responsable de Encontro Irmandiño, que constitúese en partido político, este sábado

Beiras/Tresyuno ComunicaciónA mediocridade que reina no BNG xa pode tremer: o que fora voceiro desta formación 10 anos e deputado no Parlamento de Galicia de 1985 a 2005, Xosé Manuel Beiras, será elixido este sábado máximo responsable de Encontro Irmandiño, corrente crítica dentro do Bloque Nacionalista Galego que, ademáis, constitúese coma partido político dentro da formación nacionalista.A asamblea constituinte de Encontro Irmandiño celebrarase en Compostela e nela poderán presentarse varias listas para formar parte da permanente, que será o máximo órgano de decisión entre asambleas. Os ‘irmandiños’ xa celebraron en xaneiro unha asamblea na que se debatiron os textos políticos na que tamén interviú o propio Beiras, líder desta formación que ten 13 miembros no Consello Nacional do BNG. Naquela ocasión advertiu que para que Encontro Irmandiño siga no Bloque este ten que dotarse dun modelo interno baseado na “democracia horizontal”.

 

También te puede interesar