Destacados Vigo al minuto

Amigos da Terra denuncia a ampliación da praia da Punta

Da igual todos os esforzos que se fagan: a area da praia da Punta volverá desaparecer e colmatando o fondo da ría. Todo por retirar hai 10 anos o muro da escola militar da ETEA, que era o que impedía que a area circulase e o que formou unha praia onde non existía. Agora Amigos da Terra denunciará ante a Demarcación de Costas ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, polo impacto ecolóxico e económico da súa pretensión de volver a cometer o erro de crear unha praia onde non existe.

A asociación ecoloxista alerta de que o problema volverá a repetirse a pesares da intención de Costas de construír un novo espigón para mellorar o aspecto da praia tras o fracaso da achega de area do pasado verán, cando se verquiron toneladas de area para ampliar a praia e que só contribuíu a “sepultar aínda máis os bancos marisqueiros”.

You may also like