O deporte vigués segue sumando hazañas. Nesta ocasión o que está de noraboa é o rugbi. O Iveco Universidade de Vigo afogou literalmente ao CRC Madrid ao impoñerse 11-6 aos madrileños no barrizal de Lagoas-Marcosende tralas intensas choivas dos últimos días. Vitoria importante no primeiro encontro da fase de ascenso á División de Honra fronte ao único equipo de finalizou a liga regular sen coñecer a derrota e que agora xoga a súa última carta a vindeira fin de semana en Pozuelo de Alarcón.

Os de David Monreal dominaron o encontro, tanto territorialmente como en posesión do balón. Eles levaban o peso do partido, aínda que o resultado, ao descanso decantábase cara ao conxunto rival. Pero a iniciativa era local e na segunda metade, co adestrador no terreo de xogo, foron rompendo a sólida defensa madrileña de xeito que a 20 minutos do final adiantábanse no marcador por 8 a 6. O Iveco seguía atacando e nos últimos intres do encontro o apertura Arrizabalaga recibiu o balón e converteu un drop que suporía o definitivo 11-6.

Agora o conxunto universitario ten por diante unha dura semana de traballo coa mente posta no partido de volta e no soño de alcanzar a máxima categoría do rugby nacional. Unha meta que ao inicio de tempada non estaba nin no maxín dos máis optimistas pero que agora está a un paso, a 80 minutos. “Aínda temos un 50% de probabilidades”, sentenciaba Monreal.

También te puede interesar