Destacados Vigo al minuto

Esta Torre de Babel ten 42 nacionalidades

Duvi/ Unha canle bidireccional de ‘cerebros’. Niso converteuse Alemaña, o país que máis novos estudantes estranxeiros achega á Universidade de Vigo, desbancando orixes tradicionais como Italia e Polonia. Este cuadrimestre pasarán polas aulas dos tres campus 169 novos matriculados internacionais que se veñen a sumar aos 200 que tiveron a súa estadía a principios de curso e aos 158 que permanecen todo o ano. En total, 527 estudantes dos que case o 80% veñen cunha bolsa Erasmus nalgunha das súas catro modalidades e que cursan estudos sobre todo en Filoloxía e Tradución (46,8%) e en Ciencias Económicas e Empresariais (18,3%).

O acto de benvida en Vigo “a unha universidade nova, emprendedora e moi activa” estivo cargado de información. Por diante dos novos matriculados desfilaron representantes de distintas áreas para facer un repaso polas ofertas formativas, deportivas e de lecer. Entre os retos propostos para estes catro meses é que percorran cada recuncho da universidade e fano cun xogo: dar unha volta polas instalacións do campus e a cambio terán un agasallo. En forma de pasaporte, editado en galego e castelán, o alumnado terá que ir visitando sete lugares onde se lles porá un selo. Unha vez conseguidos todos, toca pasar pola ORI e recoller o premio, que variará dependendo de canto se tarde en completar o reto.

Por que Vigo?

Paisaxe, praias e mar seguen sendo un dos atractivos para o alumnado de fóra, que se achega a Vigo como unha porta aberta a Galicia e a “moitos lugares interesantes que coñecer”, como asegura Maria, unha estudante polaca de Economía. “Parécese moito a Irlanda: chuvioso, frío…”, recoñece Jonathan. Unha “beleza e unha xente” que fai que os Erasmus que xa pasaron pola Universidade de Vigo recomenden o destino aos seus amigos, como lle ocorreu a Anna, que vén dende Polonia para cursar Filoloxía Inglesa e non descarta quedarse tamén parte do verán na cidade.

Pero un dos principais motivos que atrae aos estudantes estranxeiros, sobre todo cando veñen pensando en perfeccionar o idioma, é a claridade coa que falan os galegos. “Aquí o acento é máis puro. Xa estivera traballando en Madrid e en Inglaterra tiña unha titora que nacera en Vigo, así que non tiven dúbidas sobre a universidade que escoller. Ademais, aquí non hai moitos turistas”, conta Melissa, que chega dende o Reino Unido. É o mesmo que lle ocorre a David, escocés e estudante de Linguas Modernas, que leva dous anos aprendendo español e que tamén tivo en conta “como estaba estruturada” a Universidade para escollela.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.