Comarcas Galicia

O candidato do PP á Alcaldía de Redondela denuncia que o goberno local non se posicione contra a ampliación da AP-9

BasO PartidoPopular de Redondela ven de denunciar a actitude do Bigoberno local ante a súa negativa de apoio á paralización do proxecto de ampliación da AP-9 no tramo Rande-Chapela. Nunha nota, o candidato á Alcaldía dos populares asegura quenon podemos entender a postura actual dos dirixentes do Concello que fai uns meses era totalmente contraria, pronunciándose en contra de dito proxecto”. Bas lembra que no último pleno, celebrado o pasado día 26 de xaneiro, o seu partido presentou unha moción para solicitar ao Ministerio de Fomento a paralización desta ampliación, a lo menos mentres non se resolvera o recurso interposto pola Plataforma de afectados ante a Audiencia Nacional, e a resposta obtida foi o voto en contra de socialistas e nacionalistas. “Dende o PP pensamos que tendo en conta o procedemento aberto ao respecto e dentro dunha postura coherente e lóxica de cara a defender os intereses de Redondela pero, sobre todo, o dos afectados, que son todos os veciños de Chapela».

Coa actitude adoptada no pleno, “o Bipartito está a amosar a súa negativa de apoio a estes miles de veciños afectados, un apoio que ata non fai moito tempo si contemplaban, o que supón un cambio substancial nas posturas mantidas ata o de agora por estes partidos en contra da ampliación”, asegura o candidato quen engade que «todos os membros da 

Corporación municipal debería apoiar a paralización deste proxecto”, subliña Javier Bas.quen adianta que continuará na mesma posición en defensa dos veciños e por conquerir que este proxecto non se execute.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.