Galicia

A costa galega blíndase contra as emerxencias

Once novos heliportos distribuidos por toda a costa galega. Nunha aposta pola seguridade das zonas marítimas, Portos de Galicia porá en marcha un proxecto de habilitación de heliportos de emerxencias diurnas en puntos estratéxicos da costa en once portos para reducir as sombras de cobertura de navegación aérea dadas pola falta de infraestruturas. Aproveitando a superficie dos peiraos, delimitarase unha zona para despegue e aterraxe de helicópteros, bases supletorias que se colocarán en Ribadeo, Burela, Ortigueira, Cedeira, Laxe, Camariñas, Muros, Ribeira, Cabo de Cruz, O Grove e A Guarda.

Todas estas localidades pasarán a ter unha pequena base aérea de emerxencias diurnas que permitirá a execución de maniobras ou a repostaxe de helicópteros que ata agora tiñan limitado o seu funcionamento. Para habilitalas agora só falta eliminar elementos do mobiliario urbán das zonas portuarias e colocar cataventos que faciliten as tarefas de despegue e aterraxe, ademais da marcación e sinalización da zona.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.