Galicia Vigo al minuto

Á rúa para loitar contra “a maior perda de dereitos en 60 anos”

Non hai acordo co resto de sindicatos, pero a CIG continúa adiante coa convocatoria de folga xeral o vindeiro 27 de xaneiro. Saben a ciencia certa que estar sos restará repercusión, por iso queren animar a toda a cidadanía a participar nas manifestacións convocadas ás 12 horas en distintos puntos de Galicia, aínda que a central estará en Vigo. A marcha, na que participará o secretario xeral, Suso Seixo, partirá de diante da sede da CIG na Doblada e rematará na porta do Sol.

O sindicato toma esta medida como resposta “aos ataques que está a sufrir a clase traballadora” coa reforma laboral, as pensións e, máis adiante, da negociación colectiva. “Estamos a falar da maior perda de dereitos en 60 anos”, aseguran, xa que a reforma só favorece “á gran banca e suporá a precarización das pensións e moita máis dificultade para acceder a elas”. A mobilización tamén servirá para reclamar a creación de emprego.

También te puede interesar