Comarcas Cultura

Ponteareas síntese fóra do mapa educativo

Aos pais de Ponteareas seguen sen saírlle as contas. A Anpa Pena do Equilibrio, tras a última folga de inasistencia a clase, pediu a dimisión do xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, pola «incapacidade para solucionar os problemas» na zona, onde 17 nenos quedaron sen praza para este curso no colexio Ramiro Sabell e onde o CEIP Fermín Bouza Brey supera en 300 alumnos o aforo permitido.

A falta de documentación tamén ten paralizado o servizo de comedor, xa que ademais de faltar o mobiliario de cociña incúmprense as normas de seguridade e hixiene nun colexio, o Mestre Ramiro Sabell, no que a ampliación que costou preto dun millón de euros ía a habilitar seis aulas e un comedor con cociña.

Uns problemas que parecen agravarse cando a Xunta ven de anunciar que construirá 25 novas escolas infantís con 1.074 novas prazas para este ano, ninguna delas en Ponteareas. Nestes intres a escola infantil ten 130 prazas que só dan cobertura ao 13% da poboación infantil de 0 a 3 anos, cando a media galega é do 26%.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.