_agenda Cultura

Aterra O Calvario máis musical

Pasarrúas musical e narración de contos para amenizar calquera paseo pola zona peonil do Calvario. Esta tarde, a partir das 18 horas, o grupo Tou-po-rou-tou deleitarán a todos os peatóns cun extracto do seu derradeiro traballo, ‘Vicentinho e as árvores da Paz’, baseado nos contos de Anxo Moure e adaptados por Servando Barreiro que falan de paz, solidariedade e respeto á natureza, fomentando a reciclaxe, a reutilización, os contacontos e a maxia da música en galego.

Organizado pola Asociación de Comerciantes do Calvario, o pasarrúas comezará  frente  ao  mercado  do  Calvario  e  percorrerá  toda  a  zona peonil. Deste xeito a asociación pretende concienciar aos  mais  pequenos  en  temas medioambientais,  dar  a  coñecer  os  instrumentos  tradicionais  galegos,  fomentar  a participación dos nenos e nenas e achegar a eles o mundo dos  contos  e as cancións.

Tou-po-rou-tou naceu no ano 2003 como grupo de teatro infantil a base de contos, música e danza con representaciones en colexios, ludotecas, festivais, centros culturais de toda Galiza e representacións no festival “Andanças” en São Pedro do Sul (Portugal).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.