Comarcas Galicia

A praga do pino, que non a paguen os afectados

O BNG do Condado acaba de rexistrar unha Proposición Non de Lei no Parlamento galego para levar a cabo un plan específico de actuación urxente con medidas loxísticas e socioeconómicas pensadas para paliar os efectos negativos sobre as empresas de aserrío e aos rematantes de madeira no radio de 20 quilómetros demarcado trala praga de nematodo nos piñeiros na zona.

Os nacionalistas consideran que as medidas que está levando a cabo a Xunta fai recair as perdas e os gastos de erradicación sobre as persoas e empresas afectadas, avocándoas ao peche se non se atopan solucións axeitadas. Segundo asegura o BNG, a Xunta «presionou aos propietarios afectados para que asumisen apresuradamente a tala e comercialización dos piñeiros, advertindo que de non facelo o faría a Xunta sen garantir a indemnización pertinente, que caso de habela o sería por un importe rídiculo (entorno aos 8€/m3)». A tala a matarrasa das aproximadamente 300 hectáreas de piñeiros existentes na Zona de Erradicación, está a provocar unha saturación do mercado comarcal coa inevitable baixada de prezos e a conseguinte perda para os afectados, segundo os nacionalistas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.