Comarcas

Folga de brazos caídos para reclamar un novo colexio

Nova protesta para pedir un novo colexio de Educación Infantil en Ponteareas co que acabar coa masificación das aulas. Os días 18 e 20 de xaneiro convócase unha xornada de inasistencia a clase, como xa celebrou noutras ocasións no que vai de curso, e coas que se tentará pór fin a anos de problemas de masificación nas garderías motivado polo aumento da poboación. Todos os plans parecen encamiñar a solución a unha terceira ampliación do Ceip Mestre Ramiro Sabell, pero os afectados piden un centro novo e recordan que a última ampliación foi inaugurada hai só tres anos e xa hai de novo lista de espera para entrar.

Os pais non só piden que se acaben as clases nos pasillos, os comedores escolares xestionados polas anpas… senón que se implanten servizos como o plan madruga ou comedores escolares, servizos «que teñen que ser de xestión pública coa finalidade de garantir un custe razonable».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.