Cultura Destacados

Vigo, esceario do primeiro videoxogo en galego

O primeiro videoxogo en galego terá un forte acento vigués. A empresa Desoños creará unha aventura gráfica na que participarán estudantes de 2º e 3º ciclo de Primaria dos centros de ensino de Vigo, que poderán participar nun concurso para crear as personaxes dun videoxogo co que se pretende dar a coñecer os feitos máis importantes da historia da cidade, do noso patrimonio e da nosa lingua.

Os participantes crearán catro dos seis protagonistas a través das láminas que se repartirán nos centros ou que se poden descargar de internet e participarán en dúas categorías, unha por cada ciclo formativo, con dous premios en cada unha (mellor personaxe feminino e masculino): unha Nintendo Wii ou o mesmo valor para accesorios ou xogos e unha visita á empresa Continental Games para ver como se fai o videoxogo.

As láminas poderán entregarse ata o 2o de febreiro, aínda que a resolución non sairá ata o 11 de marzo e a entrega de galardóns será o 26 de marzo.

También te puede interesar