Comarcas Destacados

Os novos inquilinos do campus non teñen nin un ano

Será a primeira en abrir as súas portas na Universidade de Vigo e atraerá aos estudantes máis mozos da súa historia. A Escola Infantil Universitaria do campus de Pontevedra está a piques de abrir cara ao público á beira do Lérez cun claro fío conductor: un espacio diáfano e aberto que permitirá aos cativos estar en contacto directo coa natureza, que estará presente a cotío tras os grandes ventanais das aulas que os pequechos estrearán a finais de xaneiro.

A súa arquitecta, María José Fariña, quixo primar as vistas dun sitio cheo de vexetación á hora de elexir materiais. Por iso as grandes cristaleiras son a prioridade, deixando á vista por un lado o paisaxe do río e por outro o do resto do campus. Ademais, as aulas están separadas do corredor principal por biombos acristalados, o que permitirá aos rapaces contemplar o patio exterior de xogo e, á vez, facilitará aos profesores as labores de vixiancia.

Dividida en catro áreas, a gardería ten unha parte central co vestíbulo de acceso ás dependencias de administración e o espazo de usos múltiples; as aulas, distribuídas no espazo “máis privilexiado” que contan con catro módulos para nenos de 0 a 3 anos; unha zona interior, na que se atopa a área de servizos e, por último, o patio exterior, no que se conserva unha árbore arredor da cal se dispuxo céspede natural e artificial ademais dun soportal recuberto de madeira “para que os nenos e nenas poidan xogar no exterior aínda que faga mal tempo”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.