Destacados Vigo al día

Os motores ruxen no Ifevi

Ver coches clásicos, novidades como a moto eléctrica ou exhibicións de equipos internacionais de freestyle e trial indoor. Son só algunhas das posibilidades que ofrece durante tres días Galiexpo Motor Show, un evento de repercusión internacional para os amantes do motor no Ifevi nun momento de crise no que este tipo de ferias están pechando nas grandes cidades e que converte a Vigo na urbe do risco, da imaxinación e da fantasía.

Espérase que estes días pasen polo Ifevi máis de 75.000 persoas para gozar desta sexta edición, centrada no mundo das dúas rodas e cunha demostración de trial da man de dous vigueses de 15 anos, do campións de Europa e de España. Ademais, haberá un mercadillo para poder vender ou intercambiar pezas usadas, tunning, competicións e grandes clásicos. Todo a prezos de crise: 5 euros.

También te puede interesar