RGPD - Cookies
Galicia

Algo máis de 5 trasplantes por semana en Galicia

En total 281 trasplantes ao longo de todo 2010: 131 de ril (19 de doante vivo), 76 de fígado, 46 de pulmón, 23 de corazón e 5 de páncreas, aos que hai que unir os 7 combinados, 2 hepato-renais e 5 de páncreas-ril. Cun 3% máis de trasplantes que o ano anterior, Galicia sitúase como a quinta comunidade autónoma na que máis operacións deste tipo se levaron a cabo, según os últimos datos do Servizo Galego de Saúde.

No que vai de historia, dende que se realizou o primeiro trasplante en 1981 fixéronse en Galicia 5.468 trasplantes, a maior parte deles de ril (54,6%), seguidos dos de fígado (26,5%), corazón (11,3%), pulmón (6,1%) e páncreas (1,4%).

A maior parte dos órganos procederon de doantes mortos, 45 deles da provincia da Coruña, 30 da de Pontevedra e 10 da de Lugo. Sétima comunidade en doantes, Galicia aporta 30,4 doadores por millón de habitantes, dous puntos por debaixo da media nacional pero moi por riba do18,1 donantes por millón de habitantes da media europea.

A media de idade do doador foi de 56,7 anos, aínda que preto do 19% tiñan máis de 75 anos e algo máis do 7% menos de 30 anos. A negativa das familias a doar os órganos dos seus seres queridos diminuíu dun 29 a un 26,6% no último ano, á vez que se pediron 5.211 novos carnets.

También te puede interesar