Galicia

Máis de 178.000 euros diarios para investigación nas Universidades

En medio da loita entre investigadores e institucións por manter a investigación como abandeirado, o Sistema Universitario de Galicia destinará no seu novo plan de financiamento máis de 65 millóns de euros á investigación no ano que acaba de entrar e nos programas relacionados con este eido, como os contratos programa.

Un investimento co que se trata de fomentar o I+D+i na Universidade galega na procura de resultados en materia de innovación tecnolóxica e en investigación, co que o SUG asegura que tenta evitar a fuga de cerebros e convertir o eido universitario nun dos actores principais para que «Galicia sexa un lugar atractivo para as empresas tecnoloxicamente avanzadas e que os galegos poidan desenvolver o seu potencial laboral, creativo e innovador».

Este investimento levará o 16,6% dos fondos deste ano, unha cifra que se irá incrementando ata acadar o 40% no 2015.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.