Cultura Galicia

A dramaturga Vanesa Sotelo gaña cunha obra en galego un certame de teatro catalán

A dramaturga, actriz e xornalista Vanesa M. Sotelo.
A dramaturga, actriz e xornalista Vanesa M. Sotelo.

Unha viaxe pola historia de dous estudantes que se inmolaron a finais dos 70 para protestar contra a invasión de Checoslovaquia valeulla á dramaturga, actriz e xornalista Vanesa M. Sotelo o premio de teatro Josep Robrenyo, un dos máis destacados da escena catalá. A canguesa leva este premio de experimentación teatral dotado con 3.000 euros pola obra ‘Memoria do incendio’, unha obra basada nunha historia que descubriu tras unha viaxe a Praga, e que competía con outras 47 candidatas de toda España escritas en diferentes linguas.

‘Memoria do incendio’ foi o único traballo presentado en galego, un idioma que tamén se levou o premio hai dou anos a través da obra ‘Canibalismo’, de Marcos Abalde. A obra de Sotelo presenta un estado de opresión e denuncia a través de diversos personaxes que aparecen nunha sala de autopsias en desxeo.

A dramaturga, membro do consello de redación da Revista Galega de Teatro, xa ten no seu haber o Premio do xurado do IV Certame Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Formada en xornalismo e dirección de escena, o seu traballo hoxe está ligado á compañía galega Inversa Teatro, para quen ten dirixido os espectáculos ‘Kamouraska’ e ‘A illa das mulleres tolas’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.