Comarcas Galicia

Salvaterra pide medidas para non asumir os custes da praga do pino

Xa pasou máis dun mes dende que se detectara a praga forestal que afecta directamente ás masas arbóreas das parroquias de Leirado, Lira e Meder, en Salvaterra, e as medidas tomadas pola Xunta, como a eliminación de todas as árbores nun radio de 1,5 quilómetros arredor do foco e os árbores mortos nun radio de 20 quilómetros e a paralización da actividade madereira nunha zona de coarentena, non convence aos veciños.

Segundo reclama o Partido Socialista da zona, os veciños asumiron unha carga económica de algo que non son responsables e a Xunta debeu «tomar medidas para que afectara o menos posible ás propiedades dos veciños, conter expresamente a indemnización de aqueles danos e permitir que os propietarios poidan optar entre vender a madeira ou cederlla á Xunta previo pago». Os socialistas consideran que a Resolución da Xunta é incompleta xa que non fala de indemnizacións nin de medios e procedementos específicos cos que combater a praga.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.