RGPD - Cookies
_agenda Comarcas

Os pequenos agasallan cos seus libros

Unha proposta de troco e intercambio de libros baixo o lema ‘Agasallámonos un libro?‘, que propón aos máis pequenos que se acheguen á Biblioteca Municipal de Tui cun libro usado preparado para regalar que se colocará nun lugar da Biblioteca a cambio de poder retirar outro dos libros que haxa depositados. Trátase de promover o achegamento á lectura a todos os sectores sociais tudenses e os libros como elemento de agasallo, sobre todo cando son de balde.

Non será a única actividade da xornada. Ás 17:30 horas haberá unha sesión de contacontos de Nadal a cargo da compañía ‘As Marías’ dirixido aos usuarios máis cativos.

También te puede interesar