Vigo al minuto

Caballero anuncia a conxelación po prezo do Vitrasa

Abel Vitrasa/Tresyuno ComunicaciónO Vitrasa non subirá. O alcalde anunciou hoxe que o billete do bus urbano para 2011manterá o prezo actual e rebaixarase un céntimo nas tarxetas verdes restantes. Segundo explicou Caballero, «estamos nunha crise moi dura» ante a que o Concello ten que facer un «gran esforzo» para a cidadanía. Esta baixada suporá un gasto aproximado de medio millón de euros para as arcas municipais que procederá dun «reaxuste» nas contas para o próximo ano. O Concello xa sufraga este transporte con sobre 10 millóns de euros anuais.

O contrato con Vitrasa estipula unha subida dos prezos do autobús para 2011 de tres céntimos, elo suporía que o billete ordinario pasaría a custar 1,20 euros, algo que xa non se producirá.  «Creo que esta cidade debe continuar nos próximos anos reducindo o prezo do transporte público«, asegurou o alcalde, e avanzou que o goberno local fará público próximamente novas melloras relativas ao transporte público do municipio.

Dacordo con este anuncio, o prezo do billete ordinario do autobús urbano para 2011 será de 1,17 €, a mesma cantidade que en 2010, e o bono universitario manterase en 0,59 céntimos. O contrato deixábao en 1,20 e 0,60 € respectivamente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.