Galicia

Redecora a túa vida e terás premio

Máis de 3.700 persoas redecoraron as súas casas grazas ao Plan re-Móblate da Xunta que, con un orzamento de 7 millóns de euros, pretende subvencionar cun máximo de ata 600 euros a compra de mobles por entre 600 e 4.000 euros nunha ou en varias tacadas. Ata o momento a venda media está nos 1.900 euros.

A esta axuda, que se pode pedir ata o 30 de decembro, están adheridos 163 establecementos comerciais e 77 fabricantes de Galicia. Deste xeitoos establecementos comprométense a efectuar os descontos previstos nas bases reguladoras, tanto o correspondente a fabricantes-vendedores como a subvención que lle corresponde achegar á Consellería de Economía e Industria a través do Igape para a compra de mobiliario de madeira para o fogar ou colchóns.

También te puede interesar