RGPD - Cookies
Galicia

O CETMAR forma a Europa

Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) está a participar en ‘Marleanet‘, un novo proxecto europeo que persegue a mellora da formación marítima no espazo Atlántico e a creación dunha rede de centros de formación que mellore a capacitación dos profesionais do mar e propicie un coñecemento adaptado ás necesidades deste ámbito e da seguridade marítima. Coordinado polo Centre Européen de Formation Continue Maritime de Concarneau (Francia), conta coa participación doutros cinco socios: o Cork Institute of Technology de Irlanda, a Escola Superior Náutica Infante D. Henrique e a Mutua dos Pescadores de Portugal e a Universite de Bretagne Occidentale.

Todos eles traballarán de forma conxunta ata o ano 2013 na execución de accións encamiñadas á creación dunha rede transnacional de formación marítima de alta calidade e á posta en común de ferramentas para os seus membros. O proxecto prevé tamén o intercambio de boas prácticas e de persoal para a implantación conxunta de cursos de calidade e a posta en marcha dunha ferramenta común de e-learning que inclúa aos socios da rede cara a formación on-line (a bordo de buques ou na casa) e nos institutos de formación. A meta dos socios de “Marleanet” é capacitar a arredor de 3.000 persoas ao ano.

Cofinanciada a través do programa Interreg IV-B da Unión Europea, esta iniciativa espera contribuír a un achegamento entre a formación marítima civil, pesqueira e militar, á mellora da calidade da formación e a harmonización dos certificados e á mellora da Convención SOLAS –Seguridade a Bordo- e da protección do medio ambiente mariño gracias a xeneralización das prácticas de formación para dispor dispor de portos mellor explotados e dun sector marítimo máis competitivo.

También te puede interesar