RGPD - Cookies
Cultura Galicia

Todo menos ruína no IX Premio de Poesía Novacaixagalicia

Emma Pedreira foi a galardonada.
Emma Pedreira foi a galardonada.

Un gran valor poético, con sorprendentes imaxes e un gran espazo vital. Así definíu o xurado a obra ‘Antítese da ruína’, un poemario co que Emma Pedreira acaba de alzarse co IX Premio de Poesía de Novacaixagalicia entre os 49 orixinais que se presentaron a concurso. O poemario publicarase na colección ‘Arte de Trobar’, ademais de darlle á escritora 12.000 euros en metálico.

O xurado, que elixíu a obra de Pedreira por unanimidade, estivo composto polo tradutor e editor Jonathan Dunne; o poeta, crítico literario e profesor Modesto Hermida; o poeta, tradutor e gañador da edición anterior Xavier Rodríguez Baixeras; a escritora e profesora da Universidade de Vigo Rexina Vega e o Xabier Castro.

También te puede interesar