RGPD - Cookies
Galicia

Galicia exporta os seus segredos como marca

O turismo de Galicia agora terá unha marca única que se verá nos principais mercados internacionais: ‘Galicia, gárdasme o segredo?’, un logo ao que se chega despois de anos de traballo que recolle as principais características turísticas de Galicia nunha gráfica e nun claim propios moi identificados dentro do conxunto xeral español.

Galicia é a comunidade autónoma que máis premios atesoura á melloer caseta da Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur), o que amosa a clara aposta pola imaxe da presenza galega en feiras e certames turísticos, en folletos e calquera material de promoción. Unha iniciativa apoiada polas novas tecnoloxías e a central de reservas on line á que xa están adheridos 300 establecementos de todo o territorio. Como non se pode competir cos líderes españois en sol e praia, Galicia apostou por diversificar a súa oferta para segmentar a demanda e atraer a novos públicos, do que xurde o turismo cultural, náutico, de natureza e termal, de gastronomía ou de golf.

También te puede interesar