Cultura Vigo al minuto

O Mercado de productos galegos volta ao Paseo de Alfonso

Feira Paseo de Alfonso Vigo/Tresyuno ComunicaciónEstará aberto de 11 da mañán a 2 da tarde. O Mercado de Productos traicionáis Galegos volverá ao Paseo de Alfonso este domingo e nel poderánse atopar produtos relacionados coas festas de Nadal e, para os nenos, haberá contacontos de 12 a 12.50 horas a cargo de Beatriz Campos, da compañía Migallas Teatro, que narrará unha historia que terá a unha cabaza como protagonista.

O obxectivo desta iniciativa é dinamizar as mañás dos domingos no Casco Vello e, dende a súa primera edición, tense incrementado paulatinamente o número de vendedores e artesáns participantes, que proceden de diferentes puntos de Galicia. Entre outros, pódense atopar produtos de Touza Vella de Castro Caldelas, especializados en lácteos de cabra e Queixerías Daniel Torres coas súas tetillas con denominación de orixe; o pan ecolóxico de Panadería Divina de Santiago; ou os xa habituais produtos de horta que traerán a Finca Condasanta de O Grove ou Edgar e Su de Ventín.

Esta semán, ademais dos produtos ecolóxicos e con denominación de orixe, na feira tamén se poderán adquirir produtos de artesanía tradicional e de deseños de autor, co obxectivo de que a xente que se achegue ao mercado poda atopar o seu regalo para estas datas. Tecidos de Gondomar e Pontecaldelas, artesanía en coiro, xoias e complementos de autor de Latontaylarubia de Santiago e Candacol de Vigo, obxectos en madeira tallada e torneada e cestería de Vigo, representan o traballo dunha selección de artesáns na que se mextura tradición e contemporaneidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.