Vigo al minuto

O Concello arranxará os espacios verdes de Navia e pasará a factura á Xunta

NaviaAbel Caballero, anunciou este venres que o Concello porá a 50 traballadores municipais para acondicionar os espazos entre os edificios de Navia, propiedade da Xunta, e que atópanse actualmente en estado de “abandono“.O alcalde denunciou que esta “gran zona de expansión da cidade” está desatendida polo goberno autonómico, quen ten a obriga de arranxar os espazos e cedelos ao Concello para o seu mantemento. O goberno local leva un ano reclamando o cumprimento desta “obrigación” á Xunta porque a veciñanza de Navia, preto de 15.000 persoas, está no seu dereito a telas “ben arranxadas“.

A través do programa de emprego municipal UTIL, medio centenar de traballadores humanizarán estes espazos con zonas verdes e parques infantís, cun “deseño notable“, sen “reparar en gastos para deixalo “como debe estar“. “Pasarémoslle a factura á Xunta”, adiantou Caballero ao ser competencia do goberno galego, e

advertiu que esixirá “con todos os medios legais ao noso alcance“, que o ejecutivo de Feijóo cumpra coas súas obrigas.
O alcalde realizou este anuncio nunha visita a Navia, na que estivo acompañado do Presidente da Asociación de Veciños do barrio, do presidente da cooperativa de vivendas que impulsou UGT en Navia e dos traballadores do programa municipal UTIL.

 

También te puede interesar