Galicia

Seis produtos típicos de Galicia buscan o recoñecemento europeo

O botelo.
O botelo, embutido típico ourensá.

Trátase de conseguir unha maior protección e promoción para as producións agroalimentarias galegas destos produtos. Por iso a Xunta traballa no rexistro de seis novos produtos con selo de Indicación Xeográfica Protexida da Unión Europea: a androlla, o botelo, o pan, o chourizo, o xamón e o pemento de Mougán. Os dous primeiros, embutidos típicos da montaña lucense e ourensá, están completando xa os prazos do proceso administrativo dacordo coa normativa comunitaria, mentres que o resto está a completar o expediente para trasladalo a competencias europeas.

Dous produtos típicos

A androlla é un producto cárnico que mestura un 90% de costela con coriso, aderezada e embutida no intertino groso de porcino ou vacún e logo afumado e curado. Entre 200 gramos e un quilo de peso, aglutina a 12 concellos da provincia de Lugo e 17 de Ourense. É un produto que usa materias primas de produtos non habituais na elaboración doutro tipo de elaborados cárnicos, como a afumadura con leña de carballo.

Pola súa banda, o botelo é un produto tamén cárnico que mestura costela, coiros, soá, magro, ósos da cabeza e outros con carne de porco, adobados e embutidos para logo afumar con leña de carballo e curar. A zona xeográfica de elaboración do produto amparado pola Indicación Xeográfica Protexida Botelo de Galicia constitúe unha franxa que abarca de norte a sur a parte máis oriental de Galicia, caracterizándose por ser a área máis montañosa da comunidade. Queda limitada a 47 concellos da provincia de Lugo e 17 da de Ourense.


También te puede interesar