RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

Se traballas nalgunha destas 51 ocupacións, estarás man a man con homes

Son 51 categorías profesionais que engloban 200 ocupacións nas que o sector feminino é pouco relevante. A Consellería de Traballo acaba de elaborar un listado das profesións de Galicia na que a presencia das mulleres está lonxe de acadar a equidade e que sairá mañá publicada no Diario Oficial de Galicia.

Neste informe ponse de manifesto que máis da metade das traballadoras afiliadas á Seguridade Social ocupan unha quinta parte das actividades económicas, pero tamén incide noutros aspector tamén relevantes como que máis da metade da poboación inactiva son mulleres, que teñen unha maior rotación laboral, temporalidade e parcialidade na contratación e na súa maior dificultade para acceder a postos de maior responsabilidade.

Camiño á igualdade

Para intentar acabar con esta situación, a Xunta porá en marcha subvencións para o fomento da implantación de plans de igualdade e para os investimentos realizados polas empresas para mellorar a conciliación familiar e laboral. Concederanse a pequenas e medianas empresas con domicilio social en Galicia que no momento da solicitude conten cun máximo do 20% de mulleres na súa plantilla.

Eres unha ‘rara avis’?

Este é o listado de categorías profesionais no que a presenza feminina é máis ben escasa:

Analistas de aplicacións e programadores informáticos de nivel medio
• Axentes de manobras ferroviarias
• Axustadores de máquinas de labrar madeira
• Bañista-socorrista
• Compositores, músicos e cantantes
• Condutores de autobuses
• Controladores de tráfico aéreo
• Detectives privados
• Dirección de departamento de operacións en empresas de comercio
• Dirección de organizacións empresariais, de sindicatos de traballadores e outras organizacións de interese socioeconómico
• Dirección doutros departamentos especializados
• Empregados de pompas fúnebres e embalsamadores
• Encargados en instalacións de procesamento de metais
• Encargado de operadores de maquinaria de movemento de terras e de materiais
• Encargado de operadores de máquinas para elaborar produtos alimenticios, bebidas e tabaco
• Encargo de operadores de máquinas para fabricar produtos químicos
• Ensambladores de produtos metálicos, de caucho e de plástico
• Físicos e astrónomos
• Mariñeiros de cuberta de barco e asimilados
• Mecánicos e axustadores de motores de avión
• Mergulladores
• Montadores de equipos electrónicos
• Montadores e empalmadores de cables
• Mozos de equipaxe e asimilados
• Músicos, cantantes e bailaríns de espectáculos en cabarés e similares
• Oficiais maquinistas
• Operadores de equipos de filtración e separación de substancias químicas
• Operadores de maquinaria agrícola móbil
• Operadores de máquinas para elaborar té, café e cacao
• Operadores de máquinas para fabricar municións e explosivos
• Operadores de máquinas -ferramenta
• Operadores de máquinas para fabricar produtos farmacéuticos e cosméticos
• Operadores de máquinas para moer cereais e especias
• Operadores en instalacións de incineración, de tratamento de augas e outros operadores/as en plantas similares
• Operadores en instalacións de tratamento químico-térmico
• Operadores en instalacións de tratamento térmico de metais
• Outros diversos traballadores dos servizos de protección e seguridade
• Outros enxeñeiros superiores (excepto agropecuarios)
• Outros montadores e ensambladores
• Outros profesionais de nivel superior de informática
• Outros traballadores das obras estruturais de construción
• Outros traballadores diversos de acabado de construcións
• Pegadores
• Peóns de pesca
• Peóns de obras públicas e mantemento de estradas, presas e construcións similares
• Peóns forestais
• Peóns gandeiros
• Recolledores de lixo
• Traballadores cualificados por conta allea en actividades agropecuarias
• Taxadores e poxadores
• Xefes de equipo en instalacións de tratamento químico

También te puede interesar