RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Os maiores fan trasnadas no auditorio municipal

Na ponte ir ao teatro pode ser unha moi boa opción. O auditorio municipal acolle esta tarde (20:30 horas) a obra ‘Post-Magritte’, da compañía Trasnada. Con entrada de balde, a compañía relatará unha trama surrealista dun roubo a raíz dunha escena pouco habitual que descubre un axente de policía. Tirando do fío descobre unha situación desconcertante e un final con sorpresa.

Un elenco de luxo con Conxhi Rodríguez, María Bilbao, Laura Amez, Antonio Barreira e Fernando González. Todo para que disfrutes co mellor teatro en clave galega.

También te puede interesar