RGPD - Cookies
Galicia

As verduras, que sexan da nosa horta

Unha marca de garantía de titularidade pública pero coa participación do sector nos que estén incluidos os produtos frescos galegos de 9 producións hortícolas: pemento, cebola, grelo, tomate, feixón verde, leituga, repole, berza e pataca. Isto é o que quere crear a Xunta con ‘A Nosa Horta’, unha certicificación de calidade na que se irán introducindo novas variedades e na que tamén poderán inscribirse as producións amparadas por Indicación Xeográfica Protexida ou Denominación de Orixe Protexida previo paso polo Consello Regulador correspondente.

Complemento perfecto da produción gandeira e con poucas posibilidades por si mesmos polo tamaño das explotacións, incluidas as ecolóxicas, a produción hortícola de calidade representa e, sobre todo, vai representar un sector estratéxico dentro do panorama do noso sector agrícola. A escasa dimensión das producións hortícolas consideradas dunha forma individual, tanto a nivel de produtor como de agrupacións e cooperativas, actúa de maneira negativa na posición de fortaleza diante da comercialización e nega a posibilidade de establecer acordos estables e continuados cos grandes grupos de distribución, agás nalgúns casos puntuais.

En Galicia existen preto de 850 explotacións profesionais de horta baixo cuberta, con preto de 150 hectáreas de superficie de invernadoiros. Arredor da metade destas explotacións contan adicionalmente cunha superficie equivalente de produción ao aire libre. As principais producións son a leituga, o tomate, o pemento e o feixón verde, e case a metade das explotacións están agrupadas en cooperativas ou noutras figuras asociativas. A maioría das explotacións concéntranse en áreas costeiras das provincias da Coruña e Pontevedra, con presenza notablemente inferior nas de Lugo e Ourense.

En canto á produción ao aire libre, existen arredor de 1.100 hectáreas de superficie dedicada ao cultivo comercial de produtos de horta, ás que habería que engadir unhas 600 ha máis destinadas ao cultivo de grelo e faba. Sen contar estas dúas últimas producións, os principais cultivos de horta ao aire libre son a cebola, o feixón verde, a leituga e o repolo, ademais dunha gran variedade de outros produtos (acelga, espinaca, cogombro, cabaciña, cenoria, pemento, coliflor ou berenxena) e outros de menor importancia cuantitativa como os casos dos pementos de Oímbra e Arnoia e mesmo os espárragos verdes.

También te puede interesar