Deportes Vigo al minuto

Máis de 600 deportistas na apertura da tempada 2010/11 do CB Seis do Nadal

Non faltará ninguén, nin os 30 monitores e adestradores do corpo técnico nin os preto de 600 deportistas. O Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia invita a todos os vigueses á presentación oficial da tempada 2010/2011 na que porá cara a todos os seus equipos federados e ás escolas deportivas. Será o vindeiro domingo 12 de decembro no Pavillón Municipal de Navia a partir das 18 horas.

No acto presentaranse os 22 equipos federados, o grupo de Baloncesto para Adultos, as 10 escolas deportivas e o corpo técnico do club que compoñen a estrutura actual da identidade, realizaranse as fotos oficiais de equipo e a foto de grupo que reflectirá o continuo crecemento da entidade, dando cabida a unha das mellores canteiras deste deporte en Galicia.

También te puede interesar