Cultura Vigo al minuto

Vigo estará de loito oficial dous días polo pasamento de Fernández del Riego

Fernández del Riego/Tresyuno ComunicaciónCentos de personas achegáronse hoxe a expresar a seu recoñecemento a Francisco Fernández del Riego á Casa da Cultura Galega, na Praza da Princesa en Vigo. O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, o académico, Xose´Manuel Beiras, o director xeral do Libro, o alcalde da Cidade, a práctica totalidade da Corporación, representantes da Cultura, da Universidade, da economía e a sociedade de toda Galicia, asinaron no libro de condolencias que hoxe foi cberto ao efecto.

En contra do desexado por don Francisco, que será incinerado e soterrado ao carón da súa muller en Nigrán, a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo veñen de anunciar sendas homenaxes ao esgrevio galegista. O da Xunta contará coa participación da Fundación Penzol, da que Del Riego fora presidente ate hai uns meses, e a Editorial Galaxia, da que foi uns dos seus fundadores.

Pola súa banda, o Pleno do Concello aprobará mañá a declaración de dous días de loito oficial e una xuntanza de lembranza na praza que leva o nome do intelectual lucense que morreu hai dous días na súa casa da Praza de Compostela.

También te puede interesar