_agenda Agenda

Yllana busca vida máis alá de Orión

Serán 80 minutos de teatro, comedia e humor xestual, todos os ingredientes aos que nos teñen acostumados Yllana. Esta noite (21 horas), a compañía chega ao Auditorio Municipal con ‘Star Trip’, un novo espectáculo no que co seu habitual humor negro, a súa linguaxe universal e sen palabras, penétranos no alucinante e absurdo mundo da ciencia ficción e o espazo.

Os protagonistas son catro intrépidos astronautas que levan 50 anos hibernando dentro dunha nave espacial que vaga polo espazo e que teñen a misión de atopar vida intelixente no universo para, unha vez achada, cargarlla. O espectáculo comeza co espertar da nosa audaz tripulación. A súa loita por dominar unha nave que ten vida propia, o laborioso día a día nela e os diferentes mundos cos que van chocando son o arranque dunha vertixinosa viaxe aos confíns da comedia.

Cunha coidada banda sonora e elaborados efectos visuais, Yllana homenaxea unha serie de xéneros moi queridos pola compañía: ciencia ficción, películas do espazo, terror científico…Producción Yllana naceu en 1991 e dende entón demostra como facer o humor sen palabras. O seu idioma escapa do corpo cunha enerxía desenfreada, un estilo directo que combina enxeño e risco. Calados pero sempre ruidosos, a compañía acelera a linguaxe da onomatopea creando un mundo surrealista e delirante onde todo pode ocorrer.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.