RGPD - Cookies
Destacados

Corina Porro declárase contraria a novos recheos na Ría durante unha xuntanza coa FAVEC

Corina Porro/Tresyuno ComunicaciónO Plan de Usos do Porto e o Transporte de Ría. Esos foron os dous temas que trataron hoxe nunha xuntanza a directiva da Federación Veciñal (FAVEC) e a presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo.

 Os representantes federativos preguntáronlle a Corina Porro a respecto do Plan de Usos do Porto de Vigo, “documento historicamente reclamado polo colectivo veciñal e por outras moitas organizacións sociais da cidade“. A ese respecto a Presidenta do Porto limitouse a sinalar que o documento foi remitido en xuño a Portos do Estado.

A respecto de posíbeis novos recheos a Federación Veciñal reiteroulle a súa firme oposición a calquera novo aterramento na Ría de Vigo. A Presidenta da Autoridade Portuaria declarou coincidir completamente coa posición da federación e afirmou que non ten previsto impulsar ningún novo recheo.

A FAVEC trasladoulle á máxima responsábel do Porto a necesidade de que se aposte polo transporte público marítimo na Ría, sobre todo como “elemento importante para a vertebración metropolitana“, e sinaloulle que como integrante na plataforma do transporte de ría, oponse ao traslado dos puntos de atraque ou embarcadoiros, que se realizou recentemente. Porro indicou que esa ubicación é estritamente provisional por mor das obras.

Este punto causou tensión na reunión xa que á reclamación da Federación Veciñal para que a Presidenta da Autoridade Portuaria a recibir aos representes da Plataforma pola Defensa do Transporte Público na Ría de Vigo, da que forma parte o colectivo veciñal dende a súa fundación, foi respostada con un “baixo ningún concepto por parte de Porro que cualificou de “ilegal” a devandita plataforma e fixo una dura crítica da actuación do responsable da mesma, Francisco Ferreira.

También te puede interesar