Deportes Galicia

Galicia arrasa no Open Internacional de Madrid

A selección galega de Taekwondo voltou demostrar do que é capaz no Open Internacional de Madrid, de onde saíu como primeira clasificada na clasificación xeral de combate, así como na senior e na junior, por diante de Turquía e Madrid na xeral. Na categoría feminina, Galicia trae para casa un ouro (Katia Calvar), unha prata (Lara Ouviña) e dous bronces (Miriam Docampo e Nazareth Tilve). Xa na categoría masculina, os galegos sumaron dúas pratas (Darío González e Cristóbal Amoedo).

Desta forma, o equipo júnior acadou tres ouros (Ulises Santiago, Óscar Peón e Daniel Dacruz), catro pratas (Erea Alonso, Leyre Arbizu, Bosco Cordeiro e Grecia Fonseca) e catro bronces (Ainara Brión, Nerea Francisco, Lilian Piñeiro e Adrián Vilas).

Pola súa banda, o equipo de técnica regresa a casa con sete medallas: dúas pratas (Belén Asensio e o trío feminino) e cinco bronces (José Cid, Santiago Rodríguez, Encarna Quintela, a parella 2 e Ana Vieira).

También te puede interesar