Destacados Vigo al día

Días de traballo para unhas horas de pracer

Máis de 150 persoas levan máis dun mes traballando para telo todo a punto.
Máis de 150 persoas levan máis dun mes traballando para telo todo a punto.

O cabazo foi durante moito tempo un produto importante na cidade: aínda que era utilizado basicamente como alimento para os animais, sobre todo para o porco, fíxose uso del tamén para facer caldo naqueles momentos de moita escaseza ou ‘da fame’. Por iso, a Asociación Cultural O Coto creu necesario a recuperación e enxalzamento  do cabazo como producto alimenticio e dende 1984 leva celebrando esta festa gastronómica para dar a coñecer as súas múltiples formas de preparación.

Cada mes de novembro o cabazo é o protagonista no Colexio Carballal de Cabral, onde se celebra a Festa do Cabazo. E Vigoalminuto quixo pasar parte da noite con eles para ver como é a preparación dos pratos e mais foi testigo de como traballaban arreo para que todo estivera perfectamente colocado e organizado para o momento da festa.

Preparar o cabelo de anxo leva máis de 12 horas dende que se comeza a cortar ata que acaba de cocerse.
Preparar o cabelo de anxo leva máis de 12 horas dende que se comeza a cortar ata que acaba de cocerse.

Máis de 8.000 quilos de cabazo

Para dar resposta a toda a demanda que hoxe haberá a partires das 11:30 horas no colexio, máis de 150 persoas traballan cuns 8.000 quilos de cabazo. A pesares de non ser un ano con boa colleita, os veciños da zona arrimaron o ombreiro para conseguir os quilos precisos dende o pasado mes de outubro.

E aínda que encher o bandullo coas delicias preparadas co cabazo é cuestión de minutos, preparar os postres foi cuestión dunha semana de traballo intenso, máis que de sol a sol, xa que as xornadas comezaban ás 7 da mañá e terminaban ás 3 da madrugada. Todo porque a elaboración dos doces con cabazo levan moito tempo: algúns postres levan preparándose case un mes mentres que outros, como o cabelo de anxo, tárdase unhas doce horas dende que se comeza a cortar ata que se remata de cocer.

Son xa 23 anos armando unha festa sen ánimo de lucro na que nos últimos anos comezaron a cobrarse algúns dos produtos, mentres que se mantén o costume de facer sempre algunha degustación de balde. O resultado ao final é normalmente de 7.500 euros negativos que ten que aportar a asociación. E toda a axuda que reciben é insuficiente.

Vigoalminuto pode dar fe do árduo traballo que levan facendo todos os voluntarios para poñer durante todo o día de hoxe esas cantidades de comida típica da zona na mesa. Pola miña parte, tiven o pracer de poder probar as chulas mentres as estaban a facer e dou fe de que están para chuparse os dedos… Aínda non estás convencido? Achégate a Cabral!

Desde as 11:30 horas poderá degustarse cabazo, escoitar música ou disfrutar da artesanía.
Desde as 11:30 horas poderá degustarse cabazo, escoitar música ou disfrutar da artesanía.

También te puede interesar