Ciencia y Tecnología Galicia

A directora do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, premio da Xunta á Unidade Muller e Ciencia

A biomédica Carmen Navarro.
A biomédica Carmen Navarro.

Porque a súa traxectoria amosa un inmenso esforzo e unha continua preocupación pola investigación e porque os avances acadados se reflictan en melloras da situación das persoas enfermas. Por iso o xurado decidíu outorgar a Carmen Navarro, directora do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo e xefa do servizo de Anatomía Patolóxica e Nuropatoloxía do Meixoeiro o premio María Josefa Wonenburger Planells da Unidade Muller e Ciencia da Xunta que, dende hai catro anos, ten por obxectivo resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e a tecnoloxía.

Segundo o xurado, Navarro aúna esforzos en dous campos tan importantes como a xestión e a investigación, sen que esta tarefa lle impida manter a súa humanización como médica» realizando proxectos solidarios de investigación coas asociacións de pacentes de enfermidades raras e neuromusculares e que requiren da investigación para mellorar os métodos diagnósticos e de tratamento e a calidade de vida de moitas persoas. Considerada a nivel internacional unha referencia na área da neurociencia, a doutora “é unha muller loitadora para potenciar a investigación biomédica en Galicia e en España; vive por e para a investigación”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.