Vigo al minuto

«A crise económica convertiuse nuna crise das políticas de igualdade»

Esa é a principal conclusión á que chegaron os participantes hoxe nas cornadas de formación ‘Tempo de compromiso coa igualdade’, un foro no que intercambiar experiencias sobre políticas de impulso á igualdade de xénero e ao abeiro da celebración o vindeiro día 25 de novembro do Día Internacional pola Erradicación da Violencia contra as Mulleres.

Nun acto clausurado polo portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, o nacionalista aproveitou a súa intervención para recordar que en Galiza “hai unha paralización evidente nas políticas de igualdade entre homes e mulleres” e que conseguir esa igualdade é unha necesidade para acadar a “democracia real» nunha sociedade na que aínda impera unha estrutura de poder marcada polo machismo e o patriarcado sobre a que se asenta a violencia de xénero.

Durante as xornadas tamén participou María Méndez, responsable de Acción Feminista da Executiva Nacional do BNG, que pediu un minuto de silencio polas mulleres asasinadas a causa da violencia machista e que salientou que “a crise económica leva aparellada unha crise de igualdade, que non é de agora, pero que está provocando que as mulleres perdan o seu traballo e se ocupen en exclusiva do fogar”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.