_agenda Agenda

Humor e bichos para a tarde do venres

Un momento de 'Bicharada'.
Un momento de 'Bicharada'.

Humor e do salvaxe será co que se encha o escenario do Auditorio Municipal de Vigo, que esta tarde (21 h) recibirá cos brazos abertos a Pepo Suevos. Dentro do programa ‘T de Teatro’ traerá o monólogo ‘Humor salvaxe’, un espectáculo que se suma aos máis de 700 que xa levou por todo tipo de escenarios, aínda que os números en directo son a súa especialidade, cun formato do que pode presumir ser un dos artistas galegos máis experimentados.

Para os máis pequenos, bichos

Os máis pequenos da casa terán o seu espectáculo particular no Teatro Municipal de Tui, onde Berrobambán representará ‘Bicharada’ (20 h), a historia de dúas veciñas, unha araña e unha formiga, que aínda que teñen costumes ben distintas lévanse ben. A primeira almacena provisións e a segunda tece a súa tea… pero todo cambia cando chega un novo bicho ao vecindario, un escaravello.

Protagonizada por Paula Carballeira, Chiqui Pereira e Anabell Gago, o vestiario foi deseñado por Clotilde Pereira e recibiu o premio María Casares 2010. Berrobambán é a compañía galega con maior traxectoria en teatro infantil de actores e actrices e que se caracteriza por querer ser unha compañía que non cesa de explorar e arriscar nas súas propostas, un proxecto artístico que se consolida como un dos máis estables e  internacionais do panorama teatral galego.

También te puede interesar