Cultura Destacados

Porque non só doen os golpes, loita contra os malos tratos

A exposición estará ata finais de mes na EOI.
A exposición estará ata finais de mes na EOI.

Ata o 29 de novembro as paredes da Escola Oficial de Idiomas énchese dunha protesta máis que evidente contra os malos tratos. A EOI acollerá con motivo do Día Internacional contra os Malos Tratos a exposición de frotografía ‘Non só doen os golpes’, de Pamela Palenciano, coa que se intentará “sensibilizar á cidadanía sobre este problema que causa demasiadas mortes no noso país e situacións moi duras na nosa cidade”.

Un novo enfoque sobre a violencia de xénero dende a propia experiencia vital da autora e que integra 46 imaxes distribuídas en 7 fases que marcan os principais momentos polos que atravesan as mulleres sofren a violencia machista. O mesmo día que remate a exposición a autora impartirá na EOI un obradoiro sobre violencia de xénero.

Máis actividades

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o concello porá en marcha múltiples actividades, como o ciclo de cine “Realidades invisibles”, que se celebran os luns do ata o 29 de novembro (20:30 horas) no Centro Cultural Caixanova. O ciclo de Cinema infantil e xuvenil, que sigue os días 21 e 28 de novembro no Verbum (17:30 horas) e o videoforum os días  16, 17 e 23 de novembro no Centro de Documentación e Recursos Feministas.

Os actos culminarán coa manifestación contra a violencia de xénero o día 25, ás 20 horas dende a Praza de Urzáiz, e a lectura dunha declaración institucional do Concello de Vigo o 29 de novembro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.