Ciencia y Tecnología Vigo al día

A economía galega pasa pola competitividade

Duvi/“Lograremos a excelencia sendo unha fábrica de ideas e solucións para todo o mundo”. Así de rotundo se manifestou o reitor Salustiano Mato na inauguración das IV Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, JAI 2010, unha cita que se converteu xa nun clásico da Universidade e da propia cidade ao reunir no mesmo foro a profesionais, alumnado e investigadores que dende este luns e ata o vindeiro venres compartirán experiencias, avances e retos dun sector clave para o tecido empresarial.

A competitividade de sectores como o metal e a automoción, que en Galicia teñen carácter estratéxico, “pasa pola innovación e, moi especialmente, pola automatización”, segundo palabras do vicepresidente de Asime, que entende que para saír da etapa de recesión na que nos atopamos resulta imprescindible apostar pola investigación tecnolóxica.  Pola súa banda, Ignacio Rial destacou o importante papel que as universidades, e particularmente escolas como a ETSEI, xogan neste momento de crise para crear o novo modelo de estado de benestar.

Tras o acto de inauguración, as JAI iniciáronse cun primeiro relatorio impartido por José Manuel González, director xeral de Castrosúa, que presentou o Tempus, primeiro bus híbrido desenvolvido exclusivamente con tecnoloxía galega. Para que este vehículo chegase a ser unha realidade, a Universidade tivo un papel destacado co deseño do seu sistema de comunicación e da planta motriz de pilas de combustible de hidróxeno.

A xestión da agua, da enerxía e do medio ambiente; a automoción; a robótica industrial e a soldadura láser son algúns dos temas que se tocarán ao longo das trinta horas de conferencias programadas.

También te puede interesar