_agenda Agenda

Sexo, por que non?

Lagarta, lagarta e o seu segredo familiar.
Lagarta, lagarta e o seu segredo familiar.

Non, non se trata de ningunha proposición indecente. Polo menos en parte. O Auditorio municipal acolle esta noite (21 horas) unha comedia trepidante de Eme2 Emoción&Arte, ‘Sexo? Por que non?’, unha obra interpretada por Mercedes Castro na que desde Adán e Eva ata os nosos días amósanse situacións cotiás entorno ao encontro carnal.

Unha comedia reflexiva para mozos e maiores cun punto de encontro humorístico para rachar cos tópicos e os tabús. O prezo das entradas: 5 euros.

Os Hoffman levan o seu segredo a Tui

A outra proposta teatral da xornada atópase en Tui. No Teatro Municipal a compañía Lagarta, Lagarta levará a escea a comedia ‘O segredo dos Hoffman’ (21:30 horas), unha obra teatral pola que recibiron este ano catro premios María Casares á Mellor Dirección, á Mellor actriz protagonista, ás Mellor actriz Secundaria e á Mellor música orixinal. Unha adaptación de Alejandro Palomas que conta a historia dunha familia rota por un segredo oculto durante ano, pero que volve reunirse co pasamento da avoa Constanza. Os seus recordos, soños e anhelos describen un universo pechado, de enorme carga emotiva, nun texto coral que debulla unha historia intensa e envolvente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.