Destacados Vigo al minuto

Máis de 96.000 euros para a recuperación do patrimonio etnográfico de Vigo

Convenio-Liste-2010

Unha soa sinatura e ratifícase o compromiso co Museo Liste e o seu traballo de recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico de Vigo. A entidade firmou hoxe co concello un convenio de colaboración valorado en 96.000 euros para o mantemento dos “vestixios do pasado”.

Un dos obxectivos a medio prazo sería a incorporación do Museo Liste á rede museística da cidade para vertebrar toda a oferta de Vigo, que é “moito e de calidade”. Para potenciar este museo estableceranse programas conxuntos co futuro Museo da Cidade cando xa teña incorporado a Pinacoteca e o Centro Galego de Fotografía e o vindeiro mes darase a coñecer o traballo realizado na Fundación Liste ao longo deste ano.

También te puede interesar