Cultura Destacados

A actualidade social encherá o Tesoira 2010

 De esquerda a dereita: Isabel Piñar, Eva Soto, Alba Bermúdez, María Fente, Javi Nogueira, Alberto Neves, Leticia Blanco, Raquel Pereiro, Antía López e Diana Díaz.
De esquerda a dereita: Isabel Piñar, Eva Soto, Alba Bermúdez, María Fente, Javi Nogueira, Alberto Neves, Leticia Blanco, Raquel Pereiro, Antía López e Diana Díaz.

Globalización, individualismo ou homoxeneización das sociedades. Eses serán algúns dos temas que pasearán pola pasarela do Tesoira 2010 cos modelos dos dez finalistas de entre 20 e 29 anos, que participarán na gran final o vindeiro 17 de novembro no teatro do Centro Cultural Caixanova.

En total, tres gañadores e tres mencións de honra que deberá elexir o xurado composto por Lucía Molares, delegada territorial da Xunta en Vigo; o deseñador Cristóbal Vidal; a deseñadora Pilar Bande e os xornalistas Ana Fuentes, Fernando Franco e Diego Pérez. Serán premios económicos de 3.000, 1.500 e 1.000 euros e unha bolsa de formación no ámbito textil por valor de 3.000 euros. As mencións de honra serán para o Deseño máis creativo, ao Deseño máis innovador e ao Deseñador mellor comunicador.

Entre as novidades desta edición, Portugal será o país invitado e amosará o seu potencial con dúas coleccións diferentes, ademais do desfile da deseñadora viguesa Patricia Avendaño, que amosará a colección de festa que presentou este ano na pasarela Gaudí.

Finalistas

Entre os finalistas vigueses está o ‘Ángel azul’ de María Fente e ‘Leche, principio del proceso de la desnaturalización’ de Alberto Neves. Dentro da provincia estarán presentes a cambadesa Eva Soto con ‘Paxaros na cabeza’, o pontevedrés Javier F. Nogueira con ‘A ilusoria demencia de Juana I de Castela’; a tamén pontevedresa Raquel Pereiro co seu ‘Melting pot’, Leticia Blanco de Poio co ‘Oxford versus Cambridge’ e a canguesa Alba Bermúdez con ‘Apollo 11’. Tamén estarán presentes a ourensana Diana Díaz (‘Were are’) e as lucenses Antía López (‘About the shirt’) e Isabel Piñar (‘Future-looking back’).

También te puede interesar