Galicia Vigo al minuto

A Universidade incrementa nun 13,5% a matrícula de primeiro curso

edificio-mirallesDuvi/ En total, 3.615 persoas matriculáronse no primeiro curso das máis de 50 titulacións ofertadas pola Universidade de Vigo, o que se traduce en case un 13,5% de incremento respecto do curso 2009-2010. Un incremento moi significativo se se compara coa media das universidades españolas, que é dun 10%, e máis no caso da demografía de Galicia que non é unha comunidade con moita poboación en idade universitaria.

Este ano cubríronse o 91,7% das prazas ofertadas nos primeiros cursos, quedando para o 8,3% restante (317 prazas) un prazo de solicitude que remata o vindeiro 10 de novembro. En 34 titulacións (un 65% do total) a demanda do alumnado superou á oferta, limitada na totalidade dos graos, algo que non se produce no caso das universidades de Santiago e A Coruña que ofertaron 11 graos sen límite de prazas no da primeira e 10 no da segunda.

Ourense, á cabeza do incremento de matrícula

Ourense, con case un 19%, foi o campus da Universidade de Vigo onde máis aumentou a matrícula en primeiro, seguido de Vigo, onde o número de matrículas superou lixeiramente as 2.000 o que se traduce nun 13,34% de incremento, e de Pontevedra, que chegou ás 747, un 7,50% de aumento.

Por ámbitos tamén se teñen rexistrado incrementos significativos nas matriculacións destacando case o 60% acadado no de Ciencias que pechou a totalidade de matriculacións nas súas titulacións (Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos; Ciencias Ambientais; Bioloxía; Ciencias do Mar e Química) superando as 250 matriculacións, cos graos de Ciencias do Mar e Bioloxía á cabeza. No Xurídico-Social o incremento no número de matriculacións en primeiro curso achégase ao 9,5%, quedando situadas en 1591. ADE sitúase á cabeza con preto de 300 matrículas e seguido de Ciencias da Actividade Fisica e do Deporte; Publicidade e Relacións Púbicas; Dereito e Relacións Laborais.

Pola súa banda as tiltulacións de Humanidades tamén rexistraron un incremento de algo máis dun 6% situándose en 364 matriculacións. Belas Artes foi a titulación máis demandada, seguida de Tradución e Interpretación Español-Inglés e Tradución e Interpretación Galego-Inglés. No caso das Enxeñarías o incremento rexistrado foi do 1,37%, cun total de 1032 matriculados, aínda que neste caso hai que ter en conta a implantación este curso por primeira vez dos novos graos na maior parte da titulacións e ademais con límite de prazas en case todos eles.

Por sexo a porcentaxe de mulleres matriculadas en primeiro supera á dos homes, un 56% fronte a un 44%. En canto á procedencia do alumnado matriculado o 96% é orixinario de Galicia (3437), o 3,6% de fóra (131) e o 0,4% son estranxeiros (15). O reitor valorou positivamente o incremento rexistrado no caso do alumnado de fóra de Galicia, aínda que “é un indicador para incrementar”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.