Vigo al día

Máis de 3.500 vigueses anotados no ximnasio… no complexo de auga da Florida

E non como bo propósito do novo curso, senón para disfrutar das novas instalacións municipais do complexo de auga de Coia-Florida, Máis que auga, no que xa están aboados máis de 3.500 vigueses e que tentou a poñer a camiseta e suala ao tenente de alcalde, Santi Domínguez, e aos concelleiros de Deporte e Patrimonio Histórico, Xabier Alonso e Eudosio Álvarez.

En tota o maior ximnasio da cidade con 600 metros cadrados con catro salas para actividades, cunha piscina de 25 por 12,5 metros e outras dúas de 10 por 6 metros. En total, 4.600 metros cadrados adicados á auga e ao deporte que preceden ao complexo que se porá en marcha en decembro en Barreiro.

También te puede interesar